Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise

A bolsa e os fogares

O lado "bo" da crise: o euribor sofre a maior caída dende abril do 2006.

Xosé Anxo Grandío / Roberto Río Morán - 09:00 23/01/2008

Máis que efectos directos, que tamén os hai, o principal problema é que a bolsa funciona a modo de indicador adiantado do estado futuro da economía.

Polo tanto, unha situación dos mercados como a actual, e se nada cambia, é un anticipo dunha futura recesión económica das diferentes economías mundiais.

Os efectos desta futura recesión son máis palpables na economía americana que nos últimos meses mostra unha desaceleración no seu crecemento, e que provocou medidas como a recentemente tomada polo presidente norteamericano George W. Bush para a reactivación do consumo interno. En canto a Europa, o Banco Central Europeo anunciou recortes ao crecemento do PIB dos diferentes estados.

Polo tanto, esta vai ser a principal implicación económica para os fogares, que serán os que sufrirán de cheo os efectos dunha recesión económica (diminución da riqueza das familias, aumento do desemprego, diminución dos salarios etc.).


Por outra banda atopámonos con fortes perdas patrimoniais das persoas que tivesen parte ou a totalidade dos seus activos en produtos de renda variable.

Estes efectos redundarán nunha baixada do consumo que afondará nun maior desaceleramento económico.

O lado “bo” da crise: o euribor sofre a maior caída dende abril do 2006
Debido as fortes caídas sufridas polas bolsas na xornada de onte, acentuouse entre os inversores a percepción dunha forte baixada dos tipos de xuro por parte do BCE. Como consecuencia disto, o euribor a 12 meses, tipo ao que se conceden a maioría das hipotecas, sufriu hoxe o seu maior descenso dende abril do 2006.

O nivel alcanzado hoxe coloca a media mensual do euribor no 4,574, 0,22 puntos por debaixo do 4,793% de media que rexistrou en decembro, o nivel máis alto dende o mesmo mes do 2000. Como o euribor depende dos movementos de tipos de xuro que efectúe o BCE e das expectativas que haxa con respecto a estes, hai un consenso no mercado que coincide en sinalar que este indicador hipotecario seguirá baixando nos próximos meses. Polo tanto, derivado da crise bolsista temos un efecto positivo, a redución do importe das hipotecas a pagar polos fogares a medio prazo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: