Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
Pensando no Día Escolar da Paz

O Seminario Galego de Educación pola Paz chama reflexionar sobre a obsesión armamentista

Este ano o 30 de xaneiro chegará cheo de actividades nos centros escolares galegos.

Redacción - 09:00 23/01/2008

Mentres o ano pasado as actividades se centraron no estudo e defensa dos dereitos humanos, este ano o Seminario Galego de Educación pola Paz chama á comunidade escolar a reflexionar sobre o proceso armamentístico (a venda, compra e tráfico de armas e o emprego destrutor destas).

Na presentación dos actos programados para a celebración do Día Escolar da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro, o presidente do Seminario Galego de Educación pola Paz, Manuel Dios, manifestou que o armamentismo "volve ser unha preocupación", polo que chamou a reflexionar sobre este feito e "en que medida afecta á humanidade e dificulta o camiño cara os Obxectivos do Milenio", como erradicar a pobreza extrema e superar a miseria de case dous terzos da poboación.

Após a intervención de Dios, o profesor Calo Iglesias presentou unha nova unidade didáctica, titulada, A obsesión armamentista: unha patoloxía mortal, elaborada como proposta concreta para os centros escolares. O documento pódese descargar na web do Seminario.

As actividades do Día Escolar pola Paz

Os representantes do Seminario Galego de Educación pola Paz presentaron o contido dunha nova carpeta didáctica elaborada por eles mesmos, que inclúe a unidade didáctica da que falamos, e un documental, titulado Cultura e Paz, sobre a Lei de Fomento da Educación e a Cultura da Paz, vixente no Estado Español dende 2005.

Dios tamén avanzou que o vindeiro día 29 de xaneiro comezará un novo ciclo de Diálogos altermundialistas, que se desenvolverán até xuño en Compostela e Vigo, e que van contar coa presenza de moitas personalidades que "defenden que outro mundo é posíbel". O mesmo día tamén se entregará o Premio Portapaz 2007 que dá o propio seminario, ao Instituto Catalán Internacional pela Pau.

Ademais os estudantes de institutos da comarca de Compostela participarán o día 26 de febreiro na "tradicional celebración" do día da paz, nun pleno especial no Parlamento de Galiza.


3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: