Unha web protesta polo feito de que unha empresa alemá de telecomunicacións teña rexistrado o uso exclusivo dunha cor.
Un grupo de internautas, nomeadamente deseñadores, puxo en marcha unha campaña para liberar a cor maxenta. O motivo para defender esta cor é que a compañía Deutsche Telekom a ten rexistrada en Alemaña e nos Países Baixos. O único outro caso dunha empresa que "posúe" unha cor é un ton de vermello rexistrado por Red Bull.
Freemagenta.nl, iniciativa de Lava Grafisch Ontwerpers, espertou a imaxinación dos creadores gráficos, que amosan na web como sería un mundo sen a cor maxenta, ou, ao contrario, onde todo fose desa tonalidade. Os activistas venden camisolas en apoio da campaña e tamén animan os internautas a incluíren nas súas páxinas unha ligazón á web.