Berrobambán leva a súa obra á cidade en tres representacións nos vindeiros días, e repetirá os días 29 e 30.
Boas Noites está tendo unha excelente acollida en todas as súas representacións. En febreiro Berrobambán viaxará a Xixón, para representar a obra na Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas (Feten). Trátase do único evento destas características no Estado, e un dos poucos especializados no ámbito da infancia en toda Europa.
Antes de chegar a Xixón, a obra estará na Coruña, con catro funcións escolares (os días 21, 22, 29 e 30) e unha aberta ao público (a deste domingo 20, a partir das sete da tarde), todas no Teatro Rosalía de Castro. Tamén se representará en Carballo o domingo 27 de xaneiro, e en Ferrol o martes 26 de febreiro.