A SGAE celebra a 'V Noite dos autores' no Hostal dos Reis Católicos, e en marzo abrirá a súa sede galega.
O Komando Anti-SGAE/ Acción Cultura Libre convoca a protesta, prevista para as sete e media da tarde deste xoves. A cazolada, que terá lugar no Obradoiro, coincidirá coa 'V Noite dos Autores', organizada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores para premiar a un conxunto de empresas e institucións, como Inditex, IGAEM, o Concello de Compostela, a USC e a Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de España (FASYDE). A cerimonia celebrarase no Hostal dos Reis Católicos. Dende que se anunciou a inminencia da inauguración da sede en Galicia, o Komando Anti-SGAE vén realizando diversas accións de protesta contra a Sociedade Xeral de Autores.
A nova sede da SGAE en Galiza, ubicada na rúa Salvadas conformará unha rede coas sedes da Sociedade en Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Buenos Aires e México D.F. Prevese que se inaugure nas vindeiras semanas, sempre dentro do primeiro trimestre do ano.
A SGAE ofreceralle ao Concello de Santiago unha serie de días para que poida programar actividades e, así mesmo, prevé a organización de actos propios para os que se estabelecerá o cobro de entrada "a prezos simbólicos" e "de acordo co mercado". O delegado da SGAE en Galiza, Javier Vidal, aseguró que as instalacións estarán abertas aos asociados e artistas, pero tamén "ao público en xeral", xa que se quere convertir a sede da SGAE nun espazo de diálogo e de dinamización cultural, ademáis de ofrecer unha tenda --Tramart-- con diversos produtos culturais.