Realízase un chamamento aos grupos do país a reflexionar sobre a SGAE, a xestión da Consellaría, o Xacobeo 2010 ou os programas musicais na TVG.
A iniciativa partiu de Bocixa, líder de Zënzar, que dende Komunikando.net fixo un apelo aos grupos inscritos no portal, mais aberto a todos, e xa respondido por bandas como Galegoz ou Machina.
Entre os temas postos riba da mesa está a SGAE, o seu funcionamento e a postura que deben adoptar os grupos galegos cara a ela. O obxectivo é elaborar unha listaxe de problemas xerais para as bandas de rock galegas e trasladar eses puntos reivindicativos a quen proceda.
Ademais, quérese debater sobre as políticas públicas de apoio á música galega, o papel que van ter os grupos do país nos espectáculos que se organicen ao redor do Xacobeo 2010, ou sobre a presenza que a música galega ten na televisión de Galiza.