'De profundis', 'A crise carnívora' e 'A flor máis grande do mundo' poderánse ver en Bolonia até o día 20.
O Future Film Festival é unha das citas máis importantes do ano para a animación europea, e nesta edición céntrase nos traballos realizados no Estado Español. Entre os filmes seleccionados figuran De Profundis (Continental), de Miguelanxo Prado con música de Nani García, que en maio viaxará a Praga para participar no Anifest 2008. De Profundis entra na sección oficial do Future Film Festival.
Ademais, en Bolonia poderán verse varias obras de Juan Pablo Etcheverry, entre elas o seu último traballo, A flor máis grande do mundo. Etcheverry estará no festival para presentar a súa produción. Finalmente, proxectarase igualmente A crise carnívora, a primeira longametraxe en animación flash para a gran pantalla, dirixida polo vasco Pedro Rivero e impulsada por Continental, que se proxectou no Festival de Sitges e no Zinebi e que en Bolonia preséntase fóra de competición.