Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA EN BRUXELAS

O SLG rexeita a proposta da UE para liberalizar o sector lácteo

Lidia Senra esixiu un control da produción e o estabelecemento de prezos xustos.

Redacción - 16:43 12/01/2008

A Comisión realizou na tarde do venres unha proposta de desregulamentación do sector lácteo, no marco da celebración dun seminario sobre a situación do sector en Europa. Ante estas propostas, tendentes a liberalizar o mercado e eliminar progresivamente os controis exercidos pola administración, o que revertería nun aumento da produción e un descenso dos prezos, a posición expresada polo Sindicato Labrego Galego a través de Lídia Senra, secretaria de organización e representante da Coordinadora Labrega Europea neste encontro, foi de completo rexeitamento.

O SLG esixe o mantemento dun control da producción leiteira, e a redistribución da producción con criterios sociais entre labregas e labregos, permitindo o mantemento do maior número de explotacións e fomentando a creación de explotacións novas. Finalmente, solicita o establecemento de prezos que aseguren os costos de producción e a remuneración do traballo.

O sindicato base a súa posición en que a Unión Europea xa produce na actualidade máis leite do que consume, co cal un incremento na producción resulta inxustificado. E en segundo lugar, en que as medidas anunciadas favorecerían a concorrencia das grandes industrias no mercado internacional en detrimento das pequenas e medianas explotacións.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: