Precipitacións de neve por riba dos 900 metros e temperaturas máximas en descenso. O sábado, xornada de transición; o domingo, unha nova fronte.
Tralo paso dunha fronte na noite da quinta feira ao venres, a fin de semana comeza cunha xornada fría e inestábel, caracterizada polos ceos anubrados e as chuvias intermitentes que poderán ser de sarabia e localmente treboentas.
Haberá precipitacións de neve por riba dos 900 metros, este sábado. As temperaturas mínimas non mudarán, mais as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e moderados no interior, sobre todo o venres á noitiña.
Agárdase unha nova fronte para o domingo, con fortes chuvias dende primeira hora da mañá na metade oeste que chegarán a todo o país pola tarde.
Quitaneves durante o venres
Máquinas quitaneves traballan este venres nos tramos orientais da autovía A-52, en ambos os dous sentidos, para manter o tráfico en condicións, informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galiza.
Cómpre tamén o uso de cadeas no porto de Poio por mor da neve, que nos puntos altos da autovía A-6, tal como Pedrafita obriga a circular con maior precaución pola acumulación nos laterais da vía.
Ademais, a neve cubriu os cumios fronteirizos con Portugal, todos os do Macizo Central e os da Serra do Eixo.