'Auga' de Xosé Antón Perozo, participa no certame de curtametraxes máis importante do país galo.
O último proxecto de Xosé Antón Perozo Porteiro, 'Ozo', acaba de ser seleccionado para formar parte do Festival Clermont Ferrando. Con Auga, o cineasta galego busca conquistar ao público galo a través dunha curta arrebatadora que manexa que dende o suspense en aumento vai engaiolando aos espectadores até chegar a un desenlace sorprendente.
A curta, creada en 2006 e subvencionada pola Consellaría de Cultura, supón o cambio do xénero de acción ao xénero de terror do seu director, que se atreve desta volta cunha historia claustrofóbica con pingas sobrenaturais. O seu protagonista, o actor lugués Marcos PTT Carballido, repite ás ordes deste director, acompañado polo coruñés David Lendoiro e pola meirande parte dos integrantes do equipo técnico que fixo Baseado..., e entre os que se atopan Jorge Eiroa como produtor ou Lorena Vilas no departamento de Dirección.
A montaxe correu a cargo de Joserra Lorenzo e a música veu da man de Manu Riveiro, compositor da banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultimou pola súa banda a posprodución de audio.
E aquí tes o resultado.