Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeitan a súa petición de amparo

O Tribunal Constitucional sostén que o artigo de De Juana incitaba á violencia

O alto tribunal rexeitou na sexta feira amparar a De Juana Chaos por un artigo publicado no diario Gara polo que foi condenado a 3 anos de prisión.

Redacción - 13:05 11/01/2008

Iñaki de Juana Chaos foi condenado a tres anos de prisión por un artigo de opinión publicado no diario Gara (no que aludía a cinco funcionarios de prisión e a un xuíz) ao considerar o Tribunal Supremo que o citado texto contiña "unha provocación violenta".

Naquela altura De Juana pediu amparo ao Tribunal Constitucional, mais na mañá da sexta feira foille negada. Nun auto (no que admite a demande de De Juana contra o Tribunal Supremo), o alto tribunal español consideraba que o artigo en cuestión "incitaba á violencia".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: