Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Sen autorizar, aínda, pola federación española de fútbol

Cataluña-Arxentina, un partidazo para o Camp Nou

Os dous equipos enfrontaranse o vindeiro 25 de maio. A última palabra tena a federación española, que non autorizou aínda aquel famoso Cataluña-EUA.

Redacción - 12:21 11/01/2008
Os xogadores abrazados, despois de marcar un gol

Os xogadores abrazados, despois de marcar un gol

Arxentina vai ser o vindeiro rival da selección catalá de fútbol, segundo confirmou a federación propia (FCF), que pechou un acordo coa empresa Multimedia Sports e a Asociación de Fútbol Arxentina (AFA).

O partido, amistoso, xogarase en Barcelona, no Camp Nou, o vindeiro 25 de maio. Mais aínda fica que a Federación Española de Fútbol (RFEF) autorice á catalá para que se poida xogar o partido, cousa que non se vai poder saber deica o 18 de xaneiro.

A selección arxentina xa xogou en Cataluña (tamén no Camp Nou) o 29 de decembro do 2004, no tradicional partido de Nadal, mais naquela altura gañou por 0-3, con goles de Scaloni, Maxi e Galletti.

No partido programado para maio os xogadores cataláns Pep Guardiola e Roger García van recibir unha homenaxe, organizada pola súa federación.


Ligazóns

4,44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O ambiente das bancadas nos partidos de Cataluña
O ambiente das bancadas nos partidos de Cataluña
Unha imaxe do partido Euskadi-Cataluña, no que os xogadores de ámbolos dous equipos despregaron unha faixa pola oficialidade / Flickr: lrotzabal
Unha imaxe do partido Euskadi-Cataluña, no que os xogadores de ámbolos dous equipos despregaron unha faixa pola oficialidade / Flickr: lrotzabal