Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XABIER DÍAZ SUBSTITÚE A GUADI GALEGO

A Berrogüetto múdalle a voz

O cantante xa colaborara co grupo en Hepta, así como nalgunha actuación en directo.

Redacción - 18:51 10/01/2008


Berrogüetto gravou con Guadi Galego os seus tres últimos álbumes: Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001) e 10.0 (2006) e agora inicia unha nova etapa con voz masculina. Xabier Díaz foi membro fundador do grupo Rumbadeira, co que editou tres traballos. Ademais, colaborou en discos de Carmen Rey (Fuera), Route (Nin canto nin tan pouco) e Berrogüetto (Hepta). Así mesmo, publicou Músicas do salitre na compaña de Guillermo Fernández.

Pola súa banda, Guadi Galego mantén neste momento dous proxectos: Nordestin@s con Ugia Pedreira e Abe Rábade e Espido xunto a Guillermo Díaz.


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: