Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CASCO ADAPTADO CON MÓBIL E GPS

A alta tecnoloxía ao servizo do cibermotorista

É a fin da época en que os motoristas estaban ilocalizábeis por teléfono, onde debían porse nun alto para consultar un mapa de estradas

Redacción - 19:01 10/01/2008
Casco con teléfono, GPS e controlador de radar para motoristas

Casco con teléfono, GPS e controlador de radar para motoristas

Os produtos high-tech desenvólvense cara o intento de mellorar calidade de vida dos condutores de vehículo de dúas rodas, vespa ou en moto, en cidade ou estrada.

En primeiro lugar, a xeralización do teléfono móbil deu pé a unha cantidade de equipos de mans libres para motos, prácticos para deixar de estar aillado.

Modelos como o SuperTooth-Moto de ECE e o Scala Rider de Cardo adáptanse a calquera casco. A caixa fíxase nun lado con axuda dunha pequena pinza.

Prolóngase ata a fronte por un cable flexible no que se coloca o micrófono e se conecta a un minúsculo altavoz que se apreixa á escuma interior do casco, pasando o fío por entre as costuras. Unha vez instalado e conectado por conexión Bluetooth co teléfono móbil, o aparello permite recibir chamadas a voz percíbese clara, precisa, sen obstrucións polo ruído do vento ou o motor.

O volume pode regularse manualmente, pero axústase tamén automaticamente en función da velocidade e o nivel sonoro do ambiente. Unha vez parado, pódese descolgar a pequena caixa para recargarla (ata 10 horas de autonomía), e deixar os outros elementos fixados no casco, ao que se lle poden engadir un sistema GPS e un controlador de velocidade.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: