Substitúe a Ana Fernández Pulpeiro, que ocupará o posto de xerente na Universidade de Vigo.
O Consello da Xunta aprobou este xoves o nomeamento de Francisco Pais López como novo director xeral de Recursos Económicos do Sergas. Pais López, de 40 anos de idade, ocupaba até o de agora o posto xefe do departamento financieiro da Sociedade Pública de Investimentos de Galiza.