O presidente da Xunta afirma que o bipartito vai esgotar os dezaoito meses que restan de lexislatura.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, saíu ao paso das continuas especulacións sobre un adianto electoral en Galiza. Touriño sinalou que o bipartito forma un “equipo sólido” e avogou por esgotar o ano e medio que aínda queda de lexislatura. O presidente tamén dixo que non se agardaban cambios importantes nas consellarías nos vindeiros meses.
O adianto das eleccións era unha das hipóteses baralladas polos socialistas. Incluso os socios nacionalistas do Goberno pensaban que era posíbel que, en caso dunha vitoria socialista a nivel estatal, Touriño decidise fixar os comicios para o vindeiro outono. Algúns analistas próximos ao presidente consideraban que se se daba este escenario o PSdeG podía incluso aspirar a ser a forza máis votada.