O concello portugués de Terra de Bouro lidera, xunto a Bande e Lobios, unha proposta para que a vía sexa considerada 'Patrimonio da Humanidade'.
A iniciativa parte da cámara de Terras de Bouro, onde se atopan os restos mellor conservados, ademais de 250 miliarios rexistrados. Tamén se adheriron Bande e Lobios, así coma o municipio portugués de Amares, onde está previsto crear un centro de interpretación relativo ao legado romano. Así mesmo, o proxecto contará coa participación da Cámara Municipal de Braga e da Deputación de León. En conxunto presentarán perante a Unión Europea o proxecto Geira III para obter as axudas Interreg III-A. O 15 de xaneiro a UE debe decidir se asigna ou non a axuda económica para o proxecto.
O obxectivo final é implicar a todos os concellos do norte portugués, de Galiza e da provincia de León para presentar a candidatura da Vía Nova na Unesco para ser considerada Patrimonio da Humanidade.
A Vía Nova era unha das calzadas romanas máis importantes da Península e unía Bracara Augusta e Asturica Augusta, ao longo de máis de 300 quilómetros, formando parte do Itinerario Antoniano. Entra en Galliza a través de Portela do Home, onde o antigo posto aduaneiro foi transformado num espazo temático sobre o antigo Imperio Romano. En Portugal e no sur ourensán a ruta atravesa o parque natural Xurés/Peneda-Gêres.