Na tarde da segunda feira os rapaces do equipo infantil e cadete clasificáronse para as finais. Pola tarde foi a quenda das rapazas da categoría cadete, que tamén pasaron.
As únicas que non pasaron de semifinais foron as rapazas da categoría infantil, que perderon por só tres puntos fronte a Andalucía (19-22) na mañá da segunda feira.A selección galega infantil masculina gañoulle, na mañá da segunda feira, a Valencia (28-25) e disputará a final fronte a Andalucía na mañá da terza. Os cadetes gañáronlle por 29 a 24 a Madrid, e xogarán, polo medalla de ouro, contra Cataluña.
O partido das rapazas da categoría cadete foi un dos máis espectaculares da xornada da segunda feira, e terminou cunha goleada das galegas, que quedaban 37 a 26 contra as valenciás. Xogarán a final contra Castela e León.
As finais desenvolveranse na mañá da terza feira, no IFEVI de Vigo.