O presidente da Xunta anuncia que PSdeG e BNG van reeditar o compromiso asinado antes das eleccións municipais, para evitaren este tipo de actos antes dos comicios xerais.
O presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, avanzou este luns que socialistas e nacionalistas teñen previsto reeditar antes das eleccións xerais o pacto que asinaron ante os pasados comicios municipais para non levaren a cabo inauguracións durante a campaña electoral.
Este código ético estabelece unhas "pautas de comportamento", entre as que se inclúen "renunciar en campaña a usar elementos de inauguración, postas en servizo, etcétera". Touriño puntou que PSdeG e BNG farán de novo o que é de "sentido común".