Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estatística do Ministerio de Agricultura

As labregas toman a iniciativa

No conxunto do Estado só en Galiza as mulleres superan aos homes, aínda que sexa cun 50,1%, como titulares de explotacións agrarias.

Redacción - 09:15 07/01/2008
Tags: agro muller

Só en Galiza máis mulleres que homes aparecen como titulares dunha explotación agraria, un 50,1%, segundo un informe do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ao que tivo acceso Europa Press.

Segundo o informe do MAPA, a participación das mulleres no grupo de titulares varía entre as comunidades autónomas, aínda que en todas, menos en Galiza, son minoría.Así, os maiores niveis rexístranse nas tres comunidades do Norte, co 50,1% de Galiza á cabeza, seguida polo 44% de Asturias e o 37,8% en Cantabria.

Nun segundo plano, do 25% ao 37% de mulleres titulares están Andalucía, Baleares, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura. No resto, a participación feminina no grupo de titulares oscila entre o 24,6% da Comunidade Valenciana e o 15,6% da Rioxa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: