Tomarán a decisión no verán, con grandes dúbidas sobre as vantaxes do modelo de fundacións públicas de dereito privado impulsado polo goberno.
O Ministério da Ciência, Tecnologia e Ensino Superior deulles ás universidades até este xoves para decidiren se queren ou non pasar a ser fundacións públicas de dereito privado. Porén, os centros máis importantes do país (entre eles a Universidade Técnica de Lisboa, Nova de Lisboa, de Lisboa, de Coimbra e do Minho) adiarán esa decisión até xuño, cando presenten os seus novo estatutos altura em que apresentarão os seus novos estatutos. En canto ás universidades de Aveiro e do Porto, tomarán a decisión o mércores 9.
Os receos das universidades proveñen da incerteza que xera o modelo, sen unha xurisprudencia clara en Portugal. Pola contra, o Goberno defende que a xestión privada das universidades públicas permitiralles unha mellor xestión financeira, patrimonial e do persoal contratado, cos mesmos parámetros que unha empresa privada.
O proxecto partiu do propio ministro, Mariano Gago, seguindo unha recomendación da OCDE, que en 2006 aconselloulle ao goberno portugués que as universidades e politécnicos públicos pasasen, gradualmente, a ser fundacións financiadas polo Estado, pero xestionadas como se fosen do sector privado. A proposta chocou nos últimos meses coa oposición de estudantes, docentes e grupos de esquerda, que defenden que "a idea de Universidade vale moito mais do que a de Escolinha do Ministro".