O pasado domingo 23 morreu na súa casa de Ontario o pianista
Oscar Peterson, nado 82 anos antes en Montreal e considerado coma un dos máis importantes pianistas de jazz de todos os tempos.
De orixe humilde, seu pai ferroviario, tamén músico autodidacta, transmitiulle a paixón musical que Oscar Peterson tivo oportunidade de desenvolver no piano e a pé dalgunha das máis coñecidas figuras do jazz, de Ella Fitzgerald a Dizzy Gillespie. Incansábel e vizoso na súa produción musical, hai xa unha década que unha enfermidade lle deixara unha man con problemas, malia que así e todo aínda lle agasallou aos afeccionados con varios concertos.