O deportista olímpico confía nun asentamento da Selección Galega, así como do resto de equipos que están a xurdir nos últimos anos.
Un nome: "Penso que Os Irmandiños reflicte moi ben o que é a selección"
Un prognóstico: "Camerún é un equipo moi duro, polo que á selección masculina penso que terán que conformarse cun empate, aposto por un 2-2. A feminina, contra Cataluña, ten que gañar, polo menos quedarán 1-0"
A Selección: "Penso que cos anos vaise arraigar moito. Que o van facer todas as seleccións. Pouco a pouco irán asentándose no panorama futbolístico pero non só a galega, senón todas as seleccións que están saíndo a luz nestes anos. Comezarán a facerse o seu oco e penso que lles vai ir moi ben.