Foi hai dous anos, nun partido no que o gol en propia porta dun defensa vasco fixo que a súa selección perdese por primeira vez en máis de vinte anos.
Cun gol en propia meta, que marcou o defensa do Osasuna, César Cruchaga, Euskadi perdeu por 0-1 ante unha selección de Camerún na que non xogaba Samuel Eto'o. Terminaba daquela a racha da selección vasca, que non perdera un partido dos 25 amistosos que xogou en 25 anos. Era o 28 de decembro de 2005.
Aquel outro partido que perderan en 1980 xogárono contra Hungría, en Mendizorroza. Daquela o equipo vasco xa tiña gardados para si tres empates e once triunfos (ante seleccións coma Uruaguai, Bolivia, Iugoslavia -daquela- ou Marrocos).
Este 29 de decembro volven xogar o amistoso de Nadal contra Cataluña, nun partido que lembra aqueles triangulares nos que xogaban as dúas seleccións e máis Galiza, aínda que desta volta falta unha das esquinas do triángulo.