Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SÓ POR DETRÁS DE ANDALUCÍA

Galiza é a segunda comunidade do Estado que máis axudas vai recibir da UE nos vindeiros seis anos

A Xunta destaca que se están a reorientar os fondos cara a innovación e modernización empresarial.

Redacción - 14:01 20/12/2007
Tags: fondos UE

O Goberno está satisfeito das axudas que vai recibir Galiza da Unión Europea no período 2007-2013. En total a UE investirá 5.764 millóns de euros nos vindeiros seis anos. O conselleiro de Economía, Xosé Antón Fernández Antonio, sinalou que estes fondos servirán para apurar na converxencia con Europa. Galiza será, logo de Andalucía, a segunda comunidade do Estado que dispoña de máis axudas por habitante.

Fernández Antonio destacou que 533 millóns de euros van ir destinados ás obras ferroviarias da Alta Velocidade para Galiza. Tamén destacou os fondos que chegan para a autovía entre Verín e a fronteira lusa e mailas actuación en portos, como o da Langosteira, na Coruña. Porén, sinalou que hai un cambio na filosofía dos investimentos que se orientan máis cara a sociedade do coñecemento, a innovación, a investigación e a modernización empresarial.

Dende a Xunta aclaran que o obxectivo prioritario é lograr o crecemento económico e a creación de emprego. Tamén destacan o “importante esforzo” no saneamento da Ría de Vigo e das cidades de Ourense e Santiago e os fortes investimentos para mellorar as condicións de vida so sector pesqueiro e do agro-gandeiro.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: