Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
27 de nadal: Galiza-Camerún

"C'est quoi la selection de Galice ..., c'est un pays?"

Os seareiros cameruneses aínda teñen dúbidas de a onde veñen xogar os seus 'Leóns Indomábeis. Agardemos que os Pereira, Trahorras, Castro e demais llelo deixen ben claro o vindeiro xoves en Balaídos.

Redacción - 11:20 21/12/2007

"Au fait? C'est quoi la selection de Galice ..., c'est un pays? Éclairer moi svp". (Por certo. O que é a selección de Galiza ..., é un país? Aclarádemo, por favor).

Nos foros deportivos cameruneses esta é unha das preguntas que se fan os seareiros de Camerún, que non teñen moi claro para onde mandan os seus 'leóns indomábeis'. Un dos participantes recomenda consultar a entrada 'Galice' na Wikipedia en francés.

Porén, algún non entende, "máis alá dos cartos", o interese real por xogar contra "equipos deste tipo".

Hai tamén algo de autocrítica. Así, outro 'foreiro' cuestiona a calidade da Selección de Camerún, "lonxe do prestixio do equipo de 2000-2003".

Tamén propoñen un once titular: Kameni, Atouba, Song, Enam Alexis, Tchato, Binya, Nguemo, Emana, Makoun, Epalle /Nkong e Eto'o.

Agardemos que os Pereira, Trahorras, Castro e demais lles expliquen no campo de Balaídos algúns datos básicos do que Galiza e a nosa selección son.


4,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: