Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSTITUCIÓN DOS COLEXIOS

Leticia Diz e Fernando Suárez representarán os enxeñeiros en Informática do país

Durante as xornadas do venres e o sábado desenvolvéronse as asembleas constituíntes dos órganos profesionais.

Redacción - 13:53 19/12/2007
Leticia Diz e Fernando Suárez

Leticia Diz e Fernando Suárez

A pasada fin de semana quedaron constituídos os colexios profesionais de Enxeñaría Técnica en Informática e de Enxeñaría en Informática, con Leticia Diz e Fernando Suárez como os seus respectivos presidentes. As asembleas constituíntes tiveron lugar o venres 14 e o sábado 15 no Auditorio de Galicia, en Compostela.As dúas xornadas superaron as expectativas de participación das comisións xestoras. O presidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galiza (AEIG), Jesús Rodríguez Castro, salientou que o feito de que a asociación superase os 300 censados era a demostración e que era preciso contar cos colexios. Ademais, auguroulles un futuro prometedor.O colexio profesional de Enxeñaría Técnica en Informática non precisou de eleccións, ao haber unha única candidatura, a encabezada por Leticia Diz. No caso do colexio de Enxeñaría en Informática, entre as listas de María José Durán e Fernando Suárez foi elixido o segundo, aínda que por escasa diferenza.O acto de presentación conxunta dos dous colexios, o sábado á unha da tarde, estivo presidido pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, que anunciou a próxima creación do Cluster TIC de Galiza.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: