Para o recente gañador do García Barros de novela, a selección é un elemento de unión, de unión orgullosa.
Un nome: "A Irmandiña, porque é unha metáfora do que é a historia de Galicia. Fronte ao glamour dos Beckham e dos futbolistas que anuncian champús en televisión, unha selección do pobo, humilde".
Un prognóstico: "Vou ser optimista, 3-1 contra Camerún e 2-0 contra Cataluña".
A Selección: "Eu non son moi futboleiro, ou non o era, porque agora saiume un fillo futboleiro. Pero no primeiro partido, ía no coche camiño da casa para velo na tele, e cando comezou a soar o himno, abrín as ventás e comecei a cantalo. É unha imaxe divertida, pero que simboliza o que é a selección: un elemento de unión, de unión orgullosa, irmandiña".