A galería Sargadelos fai o cambio de ano cunha exposición colectiva ao rerdor da obra de Cunqueiro.
Onde está Álvaro Cunqueiro? é unha mostra colectiva na que participan Rafael Castañer, Bayarri e Lolo. Os tres desenrolan a súa actividade en Barcelona e a súa obra e recoñecible tanto nos círculos de publicacións, colaboracións coma nas paredes das rúas, no caso de Lolo. Fascinados polo universo máxico de Cunqueiro, realizan unha montaxe que sorprenderá os visitantes que terán que adiviñar onde se esconde a referencia ao escritor.