Imaxinarios en Tránsito proxectará 14 filmes coas transicións á democracia en Alemaña, Arxentina, Chile e o Estado Español de fondo
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) repasará ao longo desta semana, todas as tardes a partir das seis, os imaxinarios creados ao redor das transicións políticas a través de 14 filmes e unha mesa redonda. O debate sobre a creación e importancia destes produtos audiovisuais terá lugar o venres ás oito da tarde, coa participación de Virginia Villaplana, Pedro Ortuño e María Ruido.
No ciclo poderanse ver reflexións sobre a Transición Política no Estado Español, algunha non moi coñecida, como Despues de..., filme prohibido entre 1981 e 1983 e proxectado no Cineclube de Compostela hai unhas semanas. Tamén filmes sobre a guerra civil ou o derrubamento dos reximes socialistas da Europa do Leste.
Programa
Luns, 17 de decembro ás 18:00 h (O mito da transición)
Después de... no se os puede dejar solos (primeira
parte)
No haber olvidado nada
Postsocializem + Retroavangarda + Irwim Postsocialism
+ Retroavantgard + Irwin)
Martes, 18 de decembro ás 18:00 h (A conta atrás)
Countdown
Mércores, 19 de decembro ás 18:00 h (O esquecemento da diáspora)
Abanico rojo
El tren de la memoria
Xoves, 20 de decembro ás 18:00 h (Fala a morte)
Muerte en el valle
Más muertas vivas que nunca
November
Venres, 21 de decembro (Tolemias familiares: A familia ben, grazas!)
20:00 h Mesa redonda con Virginia Villaplana, Pedro
Ortuño e María Ruido
21:00 h El desencanto
Panorama doméstico ¡acción!
Sábado, 22 de decembro ás 20:00 h (Monumentos, símbolos e residuos)
Chile, la memoria es obstinada
Los rubios
La memoria es vaga
Fichas das películas