Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Emenda no Senado a prol do .ct

O día que o PP votou por un e-dominio "de Estado" para Cataluña... e ERC en contra

No barullo dos pouco visitados escanos do Senado, representantes de PP e Esquerra trabucaron o sentido do seu voto. A proposta saíu aprobada, aínda que con probabilidade, será modificada á volta ao Congreso.

Redacción - 14:30 14/12/2007

O goberno español debería defender diante das entidades internacionais correspondentes o estabelecemento dun dominio coa forma .ct, utilizábel polas webs cataláns, de ir adiante esta iniciativa. Con todo, a revisión no Congreso das emendas da Cámara alta, será oportunidade para os partidos que erraron esta semana o sentido do seu voto.

A conquista do dominio .ct é unha vella arela en Cataluña. Poden acceder a dominios de primeiro nivel referidos ao ámbito xeográfico, os de dúas letras, os estados membro da ONU, ou recoñecidos por ela, por unha das súas axencias ou que participen na Corte Penal Internacional. Con todo, non é condición imprescindíbel, xa que a inclusión da lista ISO 3166 dá dereito á opción dun dominio de dúas letras e casos coma os de Xibraltar ou Ceuta e Melilla son exemplos próximos de xeografías que contan con el.

Dominio xeográfico para Galiza, algún día?
O .ga está reservado para as webs de Gabón e o .gl correspóndelle aos internautas de Groenlandia. Unha posíbel combinación aínda non reservada a ningún territorio é a .gz.

No entanto a posibilidade real para Galiza pasa polo .gal. Recordámoslle que na web da Asociación PuntoGal pode asinar en favor da iniciativa.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: