Marea leva xa cinco discos ás súas costas, aumentando con cada traballo a súa nómina de seguidores. En abril publicaron
Las aceras están llenas de piojos, once novas cancións entre a que destaca
Aceitunero, o seu primeiro single. Antes de Marea actuarán
Dismal.
O sábado 15 chegan ao Multiúsos do Sar para ofrecer o seu único concerto en Galiza. As entradas, aínda á venda, teñen un prezo de 17 euros (Tenda A Reixa, Gong, Discoprecio; Nonis, Portobello; Don Disco; Elepé) e 20 euros no despacho de entradas.