O xurado valorou a "solidez poética" e madurez do autor vigués, de 32 anos e afincado en Viena
O xurado, composto por Luís González Tosar, Marilar Aleixandre, e os profesores universitarios Dolores Sánchez Palomino, Bieito Arias e Xosé Manuel Salgado, valorou a "solidez poética" do traballo de Penelas, así coma a linguaxe innovadora por el empregada, que confire ao seu traballo "unha gran madurez", de xeito que o libro "parece o remate dun ciclo, e non de comezar unha andaina".
Sombras, rosas, sombras fala da procura da identidade colectiva e individual, situando ao ser humano diante do espello para cuestionar esa identidade. Sairá publicada na colección de poesía que edita Caixanova en colaboración co Pen Clube.
Carlos Penela naceu en Vigo hai 32 anos e está afincado en Viena. Leva case dez anos publicando, e recibindo numerosos premios. En 1998 obtivo o Espiral Maior con As linhages do frío. En 2002 gañou o Eusebio Baleirón por Acaso o inverno. Finalmente, en 2005 O que ardeu nos espellos recibiu o accésit do Esquío.