Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DO WEBDESIGN AO DESIGN WEB

Expertos e usuarios debaten en París o futuro de Internet

A cuarta edición da Web 3.0 reúne a cerebros informáticos durante dous días en Paris. O obxectivo: Analizar as redes mundiais e as súas novas influenzas sobre o comercio, a música, a televisión e, sobre todo, o deseño

Redacción - 17:21 11/12/2007

En París iniciouse esta mañá a cuarta edición de Le Web 3.0, unha xuntanza onde especialistas e usuarios se reúnen a falar do futuro de Internet.

Serán dous días nos que centos de Bloggers, xornalistas, empresarios e especialistas do sector se xuntarán para debater do que vén para este medio, e compartir as súas experiencias na rede.

Dan Rose (Facebook) e Chis Alden (SixApart, creadores do popular servizo de blogs Movable Type), serán dúas das visitas ilustres que terá esta reunión, e falarán dun dos temas máis controvertidos da cita: "Web 2.0, A Cara Escura". Outro tema a debater será a socialización en Internet.

Aqueles que empezan coas súas empresas en Internet son un dos grupos máis interesados na reunión, xa que o evento dedicará un apartado ás start-up. Os emprendedores terán mañá o seu espazo para presentar os seus proxectos e convencer a potenciais socios capitalistas que a súa idea lles reportará ganancias.

As conferencias pódense seguir en vivo en vídeo, a través do seu sitio web.

Programa
Espérase que pasen polo Stade de France de Saint-Denis uns 1700 participantes de todo o mundo. Non é un encontro nin gratuíto nin barato. A gran maioría dos asistentes (salvo os invitados pola organización e os oradores) pagaron 1.500 euros para poder asistir a este encontro de 48 horas de duración.

A análise da Web 2.0 e o impacto das redes sociais foron o prato forte do primeiro día. Netvibes e outras redes presentarán durante esta xornada adiantaron as novidades do 2008. O segundo día estará dedicado ás start-up. Os asistentes poderán coñecer de primeira man 33 proxectos seleccionados entre 120 aspirantes.

Os organizadores apuntan a que a través deste encontro se darán a coñecer as tendencias que marcan a rede de nova xeración, máis aló da 2.0

Networking
Ese é o programa oficial, pero son o xantar e as copas o realmente importante.

Poucos pagan esa cantidade para escoitar a 33 emprendedores pero si para poder estreitar a man a figuras emerxentes, gurús ou propietarios de blogs con ampla audiencia. A conferencia serve para pechar acordos e coñecer de primeira man que están preparando aqueles que marcan tendencias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: