Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR PRIMEIRA VEZ

Cataluña, Euskadi e Galiza alíanse por un Estado pluricultural

Os conselleiros de Cultura dos tres gobernos darán a coñecer o luns en Compostela un acordo de colaboración estábel.

Redacción - 12:00 07/12/2007

Os departamentos de Cultura dos gobernos vasco, catalán e galego levan meses traballando nunha estratexia conxunta que quere ir máis aló dunha simple declaración de intereses. O acordo, que asinarán o vindeiro luns en Compostela, a conselleira de Cultura galega, Ánxela Bugallo (BNG); a vasca Miriam Azkarate (PNV); e o catalán Joan Manuel Tresserras (ERC), busca artellar mecanismos de colaboración en materia cultural entre os tres países. Na mesma xuntanza, que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), vaise dar a coñecer unha declaración conxunta que avoga pola necesidade de avanzar, sen máis demoras, na “pluriculturalidade” do Estado.

O pacto marco un punto de inflexión na loita polo recoñecemento das culturas nacionais que conviven no Estado Español e por unha colaboración conxunta até o momento inédita. A reunión entre os representantes dos tres gobernos terá lugar poucas horas antes de que, tamén en Compostela, se celebre unha Conferencia Sectorial de Cultura, á que tamén asistirá o ministro de Cultura, César Antonio Molina


5/5 (40 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: