Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acto polo seu 75 aniversario

Homenaxe ás Mocidades Galeguistas

O vicepresidente, Anxo Quintana, valorou o papel da organización xuvenil do Partido Galeguista como "impulsora da idea de Galiza como nación".

Redacción - 13:50 06/12/2007

O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, valorou o papel das Mocidades Galeguistas como impulsoras "da idea de Galiza como unha nación que aspira ao seu autogoberno", ás que lles agradeceu o traballo realizado.

Quintana realizou estas declaración na homenaxe organizada esta cuarta feira na Coruña, con motivo do 75 aniversario da organización xuvenil do antigo Partido Galeguista (PG).

Ademais, salientou que as Mocidades Galeguistas, defensoras da autodeterminación política do país, aspiraban a se converter "na voz da xuventude galega". Tamén falou da súa "anovadora proposta" para implicar aos máis novos na vida política daquel tempo, e lembrou que o 60% dos afiliados do PG tiñan menos de 31 anos de idade.

Por último, enxalzou o seu labor na "construción nacional de Galiza, na defensa dos seus dereitos, liberdades e autogoberno, no traballo normalizador da súa lingua e a súa cultura, no impulso de políticas de transformación e modernización da economía, e na vertebración dunha sociedade civil propia e autoorganizada".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: