Ademais, ofrecerá un servizo gratuíto de autobuses con cinco percorridos distintos en toda a área metropolitana da Coruña
Para beneficiarse do servizo de transporte, denominado Ruta Beethoven, abonda con ter entrada para algún dos cinco concertos que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá até maio, con entradas que oscilarán entre os 4,25 e os 12,50 euros.
Os cinco conciertos permitirán escoitar as nove sinfonías de Beethoven na mesma orde na que foron compostas, dende a Sinfonía nº 1 (que xunto coa nº 2 abre o ciclo o xoves 13 de decembro), até a gran Sinfonía nº 9 en re menor, Coral, coa que se pecha o encontro musical o sábado 3 de maio de 2008 (precedida pola Sinfonía nº 8, coa presenza do Coro da Sinfónica de Galicia e o Coro de Cámara do Palau de la Música de Barcelona).
Entre ambos concertos, sucederanse a Sinfonía nº 3 (xunto co Concerto para violín, co violinista Nemanja Radulovic) o mércores 23 de xaneiro; a Sinfonía nº 4 e a Sinfonía nº 5 o sábado 2 de febreiro, e a Sinfonía nº 6 Pastoral e Sinfonía nº 7 o sábado 29 de marzo.