As compras de final de ano na rede deberían aumentar do 17% ao 20% respecto do ano pasado
"Sen pasarse", apunta Brad Stone do New York Times. Pero iso non é todo. As compras efectuadas en tendas físicas pero influídas por investigacións previas na rede poderían ben aumentar as súas vendas un 50% este ano. É en calquera caso o que mostran os elementos dispoñibles dun estudo realizado por ShopLocal, unha empresa Chicago.
Brad Stone lembra de paso que Forrester consideraba a primavera pasada que un 16% da totalidade das vendas polo miúdo efectuadas este ano estarían influídas por investigacións previas na rede. A cifra podería acadar un 50% en 4 anos.