Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DISPOÑIBLE EN TODO O MUNDO

Google Maps en relevo

Unha nova pestana chamada "Terrain" permite aos usuarios dos mapas de Google ver o relieve nas cartas Google

Redacción - 13:31 28/11/2007

Substitúe á "Hibride", a miúdo confusa, que non desapareceu e que se atopa na pestana satélite. "Terrain", permite un mellor seguimento dos cambios de altitude e, nas cidades, as construccións máis importantes. "Dá un mellor sentido dos cambios de elevación que as imaxes de satélite tomadas ailladamente", di o equipo de Google Maps no seu blog.

Tamén explica que chegara a esta fórmula logo de estudar como as persoas utilizan Google Earth e a posibilidade de crear os seus propios mapas (individuais ou colectivos) para identificar as camiñadas nas montañas, por exemplo. Estes mapas con relieve non son válidos no nivel máis granulado, pero pódese consultar calquera parte do mundo.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: