Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SEIS MOSTRAS INDIVIDUAIS E DÚAS EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS

O menú do CGAC para 2008

O Centro Galego de Arte Contemporánea centra o seu interese nos autores latinoamericanos e a videocreación galega dos anos oitenta

Redacción - 13:53 27/11/2007

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ofrecerá ao longo de 2008 seis mostras individuais (ademais das dedicadas a Susan Philipsz e a Lodeiro, que iniciadas en 2007 poderanse visitar aínda nos primeiros meses de 2008). Así mesmo, dúas exposicións temáticas: Ficcions analóxicas. Videocreación galega nos anos oitenta (10 xaneiro-27 abril) e Situación (12 xuño-7 setembro), así como unha mostra que recollerá toda a produción de Proxecto-Edición, un ciclo expositivo ao redor dos fondos propios titulado Distancia crítica (29 febreiro-1 xuño) e unha selección escultórica na terraza do centro durante o verán.

As mostras individuais que o CGAC programará en 2008 son as presentadas polo francés Guillaume Leblon (10 abril-29 xuño), o arxentino Jorge Macchi (8 maio-13 xullo), o venezolano Juan Araujo (10 xullo-7 setembro), o brasileiro Waltercio Caldas (18 setembro-7 decembro), o checo Jiri Kovanda (18 decembro-febreiro 2009) e o alemán Clemens von Wedemeyer (16 outubro-xaneiro 2009).

Especial atención aos autores lationoamericanos
Gran atención, polo tanto, aos creadores latinamericanos, que protagonizan a metade das mostras. Trátase de artistas cuha longa traxectoria de éxitos, que poderán verse en Galiza por vez primeira. É o caso de Jorge Macchi, quw participou nas Bienais da Habana (2000), Porto Alegre (2003), Estambul (2003) e Venecia (2005). Ou de Waltercio Caldas, un dos artistas máis representativos do Brasil dos anos 70 xunto a Lygia Clark ou Cildo Meireles. Tamén nos leva até os setenta a obra do checo Kovanda, mentres que Araujo e Leblon traerán un traballo máis vinculado á arquitectura. O ano pecharase co alemán Wedemeyer, considerado un dos autores que máis aporta á reflexión sobre o medio audiovisual.

Especial atención merece a mostra Ficcións analóxicas, dedicada á recuperar a videocreación galega dos anos oitenta e a lembrar a xeración que comezou a normalizar a vida cultural do país aínda mantendo unha posición excéntrica.

De igual xeito, hai que salientar que entre o 11 e o 30 de xaneiro as producións do proxecto edición viaxarán a Madrid para ser expostas no Círculo de Belas Artes, co obxectivo de visibilizar na capital do Estado o traballo realizado.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A obra do arxentino Jorge Macchi estará no CGAC entre maio e xullo
A obra do arxentino Jorge Macchi estará no CGAC entre maio e xullo
O brasileiro Waltercio Caldas exporá entre setembro e decembro
O brasileiro Waltercio Caldas exporá entre setembro e decembro