En lingua castelá, o Premio de Novela Liceo Rubia Barcia foi para El negro del reloj de oro, de Mariano Clemente
O xurado do premio de novela Liceo Rubia Barcia decidiu declarar deserta a categoría de novela en galego, pois ningunha das obras presentadas contribúe "a mellorar o panorama da nosa narrativa", en palabras do voceiro do xurado, Luis Alonso Girgado. En cambio, en lingua castelán, o xurado decidiu por unanimidade outorgar o premio ao madrileño Mariano Clemente, coa súa novela El negro del reloj de oro, premiada con dous mil euros.
O gañador da pasada edición foi Xosé Manuel Martínez Oca coa obra Como paxaro caído do niño. Naquela ocasión quedou deserto o premio de novela en castelán.