Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INICIATIVA CONXUNTA DE GALAXIA E REPSOL

"30 de diesel e a novela de Anxos Sumai"

As dúas últimas obras gañadoras do Premio de Narrativa Breve Repsol, editadas por Galaxia, véndense en doce gasolineiras de todo o país

Redacción - 16:57 26/11/2007

Nas gasolineiras pódese atopar case calquera cousa. Agora, mesmo literatura galega. A Editorial Galaxia e Repsol chegaron a un acordo para vender en doce estacións de servizo de toda Galiza as dúas últimas novelas gañadoras do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF. Trátase de Se algún día esa muller morta, de Miguel Sande, gañador da primeira edición do premio, e de Así nacen as baleas, de Anxos Sumai, gañadora este ano.

Esta iniciativa proxéctase case como un experimento, para por unha banda dar visibilidade ao premio patrocinado pola empresa petroleira, pero que ademais servirá para valorar as posibilidades de achegarlles aos lectores as últimas novidades da literatura galega en novos espazos. De feito, a intención de Galaxia é, no futuro, diversificar as súas vías de distribución.

Os expositores de libros pódense atopar nas gasolineras de Elviña e O Burgo, na Coruña; na AP9 nas áreas de servizo de Ameixeira, norte e sur, e San Simón; e tamén nas estacións de Bouzas, en Vigo, Ferrol, Monforte, dous puntos en Ourense y outro en Lugo.


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: