Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rifa na Federación Galega de Municipios

Os alcaldes de Santiago, Ames e O Barco apuntan como posíbeis presidentes da Fegamp

Ás portas da asemblea, o secretario de Organización do PSdeG subliña que non haberá acordo de quendas para a presidencia. Os socialistas xa manexan varios nomes.

Redacción - 09:00 21/11/2007

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, Carlos Fernández Castro, rexedor en Ames, e Alfredo Garcí, alcalde do Barco, son os tres nomes que están enriba da mesa dos socialistas como posíbeis candidatos a presidir a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Fegamp.

A nova chega ao tempo que desde a dirección socialistas se subliña que non haberá presidencia de quenda. A última hora deste martes, o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, descartaba tal posibilidade. Segundo a interpretación de Varela, en ningún caso o acordo co BNG fixera constar que ese modelo se estabelecería de non haber acordo entre as tres forzas maioritarias, como é o caso. Na súa opinión, a presidencia única vai garantir unha maior "cohesión" e dotar de "maior fortaleza" o organismo.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: