Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Co I Circuíto de Ciclismo Escolar

Máis de 20 mil escolares dándolle ao pedal por toda Galiza

A vindeira sexta feira comeza en Maceda (Ourense) e logo a 24 concellos de todo o país, até abril do ano que vén, sen parada.

Redacción - 11:15 20/11/2007

O I Circuíto de ciclismo escolar chegará, nestes meses, a máis de 20 mil escolares de entre 6 e 15 anos.

Encadrado dentro do programa Ciclismo no meu concello, que se puxo en marcha na Coruña o pasado 9 de novembro coa inauguración da exposición 120 anos de ciclismo galego, este circuíto comezará a sexta feira que vén ás 14:00 horas nas instalacións do CEIP Maceda. Durante as dúas horas de duración da actividade as nenas e os nenos poderán realizar distintos exercicios ciclistas baixo a supervisión de dous corredores do Karpin Galicia e de técnicos da Federación Galega e do Club Ciclista Maceda.

O mesmo día tamén chega a Maceda a exposición itinerante 120 anos de ciclismo galego, que permanecerá na vila até o 29 de novembro.

O Circuíto de Ciclismo Escolar
Este circuíto nace coa idea de chegar a todos os concellos e a todos os colexios para achegarlles aos nenos e nenas circuítos escolares permanentes, que lles axuden a desenvolver as calidades técnicas sobre a bici, (a velocidade e a potencia), sen maiores riscos que calquera outra actividade deportiva escolar.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe dunha actividade desenvolvida polos membros do KGZ cos cativos e cativas
Unha imaxe dunha actividade desenvolvida polos membros do KGZ cos cativos e cativas
Esta exposición tamén chegará a Maceda, onde se instalará deica o 29 de novembro
Esta exposición tamén chegará a Maceda, onde se instalará deica o 29 de novembro