A Asemblea de Precarias en Formación organiza un ciclo de cinema con catro filmes sobre distintos movementos sociais
A facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña acollerá a partir deste mércores as proxeccións organizadas pola Asemblea de Precarias en Formación. Os catro filmes teñen como protagonistas a movementos sociais en loita, en París, Italia, Arxentina e Praga. Cada proxección, que será de balde, acompañarase dunha escolma de textos sobre cada movemento.
Programa de filmes
21 de novembro: O espíritu de maio do 68 (W.Klein, 1968, 98″)
28 de novembro: Lavorare con Lentezza (G.Chiesa, 2004, 111″)
5 de decembro: A toma (A.Lewis+N.Klein, 2004, 87″)
12 de decembro: O soño checo (V.Klusák+ F.Remunda, 2004, 86″)