O Jornal de Noticias dedicoulle unha ampla reportaxe este domingo ao quinto cabodano do Prestige.
A prensa portuguesa olla cara Galiza. Este mesmo domingo, o Jornal de Noticias abría a súa edición cunha completa análise do que pasou logo do Prestige. Os nosos veciños coidan que Galiza tamén tivo un punto de inflexión social e económico en 2002: “Determinante para a aceleración económica foi a mudanza política, precipitada polos ánimos exaltados da marea negra”.
No mesmo xornal, o seu director adxunto, David Pontes, asina tamén un artigo de opinión que leva por título “A Galiza como espelho” no que analiza como o autogoberno galego e a consciencia social que xerou “Nunca Máis” activou o “despegue económico”.