Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tamén lexislará a prol do castelán e contra os gobernos de coalición

O freo ao proceso de transferencias é prioridade no programa do PP para as xerais

O PP promoverá unha reforma constitucional fronte ao que Mariano Rajoy cualificou de "desmantelamento" do Estado.

Redacción - 09:00 19/11/2007

As principais claves da agresiva reforma que pretende o Partido Popular no caso de que consiga o poder nas eleccións xerais do próximo mes de marzo foron debulladas esta fin de semana durante a conferencia política do partido, celebrada en Madrid.

"España non alberga máis que unha soa nación", subliñou o presidente do partido, Mariano Rajoy, durante a conferencia de clausura. No mesmo acto, destacou a intención do PP de facer unha reforma constitucional que elimina o que segundo el é "a subasta de transferencias" que está "desmantelando o Estado". Así, o PP priorizará a definición dun núcleo básico de competencias que sexan "intransferíbeis".

Rajoy tamén asegurou que buscará a complicidade do PSOE para "garantir por lei o dereito a usar e aprender o castelán en todas as etapas do sistema educativo e en toda España" e tratará de conseguir un pacto entre os partidos maioritarios para que o Congreso regulamente estreitamente "a política educativa e lingüística".

Por outra parte, anunciou que lexislará, revisando a Lei de Réxime Electoral Xeral, para estabelecer que goberne sempre "o partido máis votado" e eliminar dese xeito o que na súa opinión é o "chalaneo dos resultados electorais".


1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: