Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Critica as presións sobre o Tribunal Constitucional

Un que "non cumpre" e outro que "non ten ánimo", avalía Duran i Lleida sobre PSOE e PP

O secretario xeral de CiU vería con bos ollos a posíbel entrada da súa formación no goberno que se forme logo das próximas eleccións xerais.

Redacción - 09:00 16/11/2007

"Nacionalismos e gobernabilidade de Estado" foi título da conferencia de Joseph Antoni Durán i Lleida, voceiro de CiU no Congreso, este xoves en Compostela, onde estivo convidado polo Club Nacionalista Alén Nós.

Durán i Lleida ironizou sobre a actitude de PSOE e PP fronte ás formacións nacionalistas, reprochándolles que malia a súa teima en "expulsaren do sistema constitucional español" aos partidos nacionalistas, son na práctica eles mesmos quen máis contribúen a erosionar institucións coma o Tribunal Constitucional. Durán i Lleida dixo esperar que "aínda se poida recuperar a institución máis importante dun Estado de dereito e a única que pode interpretar a Constitución" de xeito que se recupere "a confianza da cidadanía".

O líder nacionalista tamén se referiu aos déficits do sistema electoral actual, onde segundo el os electores teñen que escoller entre "listas ordenadas cun laciño", nun contexto que "secuestra" a vontade dos votantes. Na opinión do líder de Unió, hai que buscar un sistema alternativo ás listas pechadas, aínda que nese escenario el tampouco é partidario estritamente por listas abertas. Así, citou por exemplo o sistema alemán, con dous votos por cidadán, ao deputado de distrito e ao partido.

Durán i Lleida asegurou que este tipo de cuestións encamiñadas á corrección do "déficit democrático", serán "piar indispensábel" da hipotética negociación que no seu caso poida despregarse xunto con PSOE ou PP, en función dos resultados das próximas eleccións xerais. Con todo, ao respecto recoñeceu non ser optimista, e laiouse de que na actualidade as actitudes de cada un destes partidos están lonxe de ser abertas ás conversas. Do PP dixo que "non ten ánimo de achegarse" e do PSOE queixouse de que "non cumpre a súa palabra". Así e todo, sublióu a contade de CiU de pactar coas forzas estatais. "O catalanismo debe ter capacidade para chegar a acordos con quen goberne", dixo, recoñecendo que na súa opinión "sería bo facelo desde o propio goberno".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: