Convértese na primeira estranxeira que se pon á fronte desta institución.
Loly Bolay
A deputada socialista de orixe galega Dolores Cruz de Bolay -coñecida como Loly Bolay- converteuse este xoves na primeira estranxeira que preside o parlamento do cantón de Xenebra (Suíza), ao conseguir 68 votos a favor da súa candidatura, fronte a 15 abstencións e cinco votos en branco.