O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, asegura que o modelo galego pode exportarse a estes países.
A Rede Galega de Locais de Ensaio pode ser tamén un modelo a seguir para vascos e cataláns. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, revelou este mércores que responsábeis políticos destes dous países mostraron o seu interese polo proxecto de Vicepresidencia.
A Rede de Locais de Ensaio é un xeito de facilitarlle aos grupos lugares apropiados para que poidan tocar ou incluso gravar un disco. Agora a Dirección Xeral de Xuventude quere dotar a iniciativa dun portal web e dun sistema de asesoramento en liña para os grupos.